Thierry Neuville gaña a primeira da temporada
Tras un fin de semana intenso, con equipos rodando con menos de 10 segundos de diferencia, Thierry Neuville e Nicolas Gilsoul conseguiron impoñerse na última xornada do rally e obter a vitoria do Rally MonteCarlo, primeira cita da temporada 2020.
Un dos favoritos para os espectadores era piloto o local Sebastièn Ogier, seis veces campión do mundo e que compite dentro do equipo Toyota esta temporada. Comezou rodando moi forte na primeira toma de contacto, o shakedown, marcando o mellor crono xa na primeira pasada, ninguén foi capaz de superar ese tempo, nin sequera el mesmo nas seguintes pasadas.
O xoves á tarde, no primeiro treito cronometrado da temporada, o scratch era para Ogier, aínda que Neuville adiantábao no segundo treito. Para o venres esperábanse tres treitos a doble pasada. Aquí atacaba Elfyn Evans, piloto do equipo do Toyota Yaris, e colocábase líder no segundo treito da xornada, onde tamén abandonaba Ott Tänak despois dunha fortísima saída de pista a gran velocidade co Hyundai I20.
O británico puido aguantar en primeira posición ata o TC7 e Ogier volvía á carga no último treito do día, posicionándose en primeira posición da xeral ao final da xornada. O día seguinte, sábado, con catro treitos, Evans volvía á primeira posición da xeral despois de obter o scratch no segundo treito. No TC 11 Evans e Ogier igualaríanse nos tempos da xeral, aínda que Elfyn volvía vencer a loita no TC12, rematando este penúltimo día como líder. Para a última sección quedaban os catro treitos sin asistencia do domingo; aquí Neuville conseguiu adiantarse no segundo treito e deixar atrás, pero non moito, a Evans e Ogier ata chegar á meta do último treito para conseguir a primeira vitoria da temporada do WRC 2020.
Cabe destacar e en practicamente todo o rally, os tres primeiros estaban distanciados por menos de 10 segundos. Próxima proba, rally de Suecia, máis neve!!

Comentarios
Publicar un comentario