Rally Serras de Fafe 2020-INFORMACIÓN


Primeira proba do campionato portugués, mítico rally que sirve para prepararse para o WRC de Portugal e prevese que haberá moito público, moito máis que outros anos debido a que este ano 2020 poderemos ver a pilotos mundialistas coas súas incríbles monturas do WRC como son Dani Sordo ou Ott Tänak cos Hyundai I20 WRC, ademáis dun despliegue importante de vehículos da categoría R5 (portugueses, españois e internacionais), o estreno dos novos Swift R4 (con Javier Pardo e Joan Vinyes) e moitas sorpresas máis. A continuación deixámosvos a lista de inscritos, os horarios e o mapa(indicando cada treito con cores, coma sempre). Ante calquera duda podedes contactarnos nas redes sociais.

-Lista de inscritos(PDF)
-Lista de incritos(eWRC-Results)

Horarios (Hora española)
Venres:
de 10 a 13*-Shakedown-3.40km
17:02-TC1-Aboim/Monte-16.42km-ONBOARD
18:40-TC2-Aboim/Monte-16.42km-ONBOARD
22:00-TC3-Street Stage-1.67km

Sábado:
10:00-TC4-Montim-8.83km-ONBOARD
10:35-TC5-Seixoso-7.98km
11:10-TC6-Santa Quitéria-9.26km
12:22-TC7-Montim-8.83km-ONBOARD
12:57-TC8-Seixoso-7.98km
13:32-TC9-Santa Quitéria-9.26km

16:00-TC10-Lameirinha-11.94km-ONBOARD
16:37-TC11-Luilhas/Guilhofrei-11.21km
18:07-TC12-Lameirinha-11.94km-ONBOARD
18:44-TC13-Luilhas/Guilhofrei-11.21km

Aquí debaixo está o mapa con todas as cores correspondentes a cada treito segundo se indica no horario. Pinchando no título do mapa ou no enlace de debaixo podedes acceder fácilmente a Google Maps e gardar o mapa do rally no voso dispositivo. Basta con seleccionar un acceso e ver as indicación para chegar ao destino.


Dende Condado Racing esperamos que o pasedes ben no rally, con responsabilidade e atendendo ás indicacións dos comisarios. Podedes contactarnos nas redes sociais para calquera duda.

-O tempo-Fafe
-Aloxamento-Fafe
-Onde comer-Fafe
-Zonas de interese-Fafe

Comentarios

Publicacións populares