Jose Manuel Cabezas con 170 puntos de vantaxe no Volante FGA
A parella Cabezas-Prego non comezaba o sábado con moita sorte xa que, a pesares de conseguir os dous scratch's do venres no treito urbano, tiveron que cargar cunha penalización (10 seg.) despois de chegar tarde ao primeiro treito por causa dun pinchazo. Aínda así, Jose Manuel Cabezas mantívose en primeira posición durante todo o rally co seu Peugeot 106 e perseguido moi de preto por Diego Vila co Citroën Saxo.
Cabezas remataría o rally Botafumeiro con 20 segundos de vantaxe sobre Diego Vila e casi 30 sobre Rubén Puime; cerraban o top 5 David González e Diego González, "Koke" Garnelo sería sexto. Así permanece Cabezas como líder do campionato na copa Volante FGA, mentras que Rubén Puime e Diego Vila intercambiaban posicións. Aínda faltan unhas probas por disputar e o final será entretido.
-Clasificación final Botafumeiro(PDF)

Comentarios
Publicar un comentario