Benito Alonso planea sair en Noia cun Mazda RX8

O ourensán Benito Alonso, tamén coñecido como BAD Competición por organizar eventos de drift e tandas, pensa estar na liña de saída de Noia cun coche un tanto peculiar. En anos anteriores xa participara no Campionato de Galicia de Rallies a bordo doutro coche que raramente se ve nos rallies, un Nissan 350Z, e desta vez optou por montar un Mazda RX8 para os tramos de Galicia, como diciamos, un coche moi difícil de ver en competición fora dos circuitos. Este Mazda xa se utiliza en rallies en outros países pero en España será o primeiro que se vexa participando nun treito contra o cronómetro.


El mesmo contábanos os seus plans para este ano: "El plan es hacer el campeonato de drift al completo, en rally pensamos en Noia, Cocido si hacen un apartado fuera del nacional, Botafumeiro, Ribeira Sacra y, tal vez, San Froilan depende del presupuesto, averías, golpes, trabajo, etc..."

E explicábanos un pouco máis as características deste novedoso coche: "El coche lleva modificaciones básicas por ahora. Para Noia, por falta de tiempo, iremos con la electrónica de origen incluso y el gran fallo del coche es la relación de la caja que es muy larga... Pero bueno, esperamos contrarrestar ese hándicap con su chasis, que es de lo mejor que hay, aunque nosotros saldremos a disfrutar y dar espectáculo más que nada, por eso saldremos por libre [risas]. La suspensión, por ejemplo, viene de Tokyo, el grupo corto de Australia, los colectores de Reino Unido, el escape de Portugal, etc... [risas]"

Se queredes axudar a Beni a estar na liña de saída podedes entrar no enlace que vos deixamos a continuación e completar os datos que se piden totalmente gratis, por cada voto el recibirá 7€ para o seu proxecto: AQUÍ (recoméndase entrar polo módulo de "Hogar")
Tamén vos deixamos un enlace con imaxes deste mesmo modelo competindo en rallies do extranxeiro, aínda que a maioría levan reglaxes de terra: IMAXES
Dende Condado Racing desexámoslle moita sorte con este novo proxecto!


Comentarios

Publicacións populares