A FGA sigue os pasos da RFEDA coa válvula pop-off

Así como a RFEDA volvía á norma FIA nos vehículos R5 en 2016 pola válvula pop-off, a FGA decide rectificar a norma da temporada 2019 e fai obligatorio o uso da válvula pop-off nos R5 para a temporada 2020 en Galicia, volvendo tamén á norma FIA.

Presentación Polo R5 ARV 2019-Pablo Ares

En 2019, a FGA calificaba esta válvula como cara, difícil de conseguir, pouco fiable e perigosa. Este ano, todo iso quedou atrás e tras unha reunión cos participantes do Supercampionato Recalvi R5 onde a maioría solicitaba a volta á norma FIA nese aspecto. En cambio, na categoría N5 seguirá vixente o comunicado 240/18 (prohibición da válvula pop-off e catalizadores en R5 e N5).

Rally Sur do Condado 2019-Marcos Parada

Estes pasos foron os mesmos que deu a federación española cando pretendía igualar as prestacións dos GT e R5, en 2016 volveron os R5 á norma FIA e "capáronse" os vehículos da categoría GT.

Por outra parte, o uso dos catalizadores será voluntario en tódalas categorías menos nos N5, onde será obligatoria a súa anulación polo 240/18 da FGA.

-Comunicado oficial 019/20

Comentarios

Publicacións populares