Previa Rally de Montecarlo 2018: Rematou a espera
Despois de varias semanas de descanso, tests e presentacións o WRC volve a escena, como é habitual, no rally de Montecarlo. Comeza así unha temporada que, se cabe, promete ser aínda máis emocionante do que foi un ano inolvidable como o pasado. Esta primeira proba do mundial, coma sempre, estará caracterizada polos seus constantes cambios de condicións e de grip. Non obstante, as últimas semanas foron máis ben frías e o xeo e a neve serán máis protagonistas que noutras ocasións.
Foto: Motor Magazine |
No meramente deportivo, producíronse lixeiros cambios con respecto á temporada pasada. O equipo a batir
será M-Sport (agora con apoio oficial de Ford), con Sebastién Ogier como líder indiscutible e home a batir. O francés, pese a ser o vixente campión, comentou recentemente que ten como obxectivo mellorar o seu ritmo, xa que a pasada temporada non foi o esperado. Ogier estará acompañado por un Elfyn Evans que conseguiu a confianza de Malcolm Wilson. O terceiro coche de M-Sport nesta proba estará nas mans do francés Bryan Bouffier, aínda que o habitual será o finlandés Teemu Suninen, que sorprendeu positivamente nos rallyes que disputou a semana pasada.
foto: carscoops.com |
foto: diariomotor |
O equipo Hyundai parece, a priori, o gran aspirante a roubarlle o trono a M-Sport. A marca coreana ten un gran presuposto e terá a Neuville e Mikkelsen como pilotos principais, mentres que Sordo e Paddon utilizarán o terceiro coche dependendo do rally. Neste caso será o piloto cántabro o que saia co i20 WRC xa que é especialista en asfalto. Neuville, despois da oportunidade perdida do ano pasado, está especialmente motivado para este campionato e estao demostrando dende o primeiro día, xa que marcou o mellor crono no Shakedown, por diante de Dani Sordo.
Toyota conseguiu convertirse indiscutiblemente no equipo revelación da pasada temporada. Agora o seu obxectivo é desprenderse do papel de novatos e demostrar que son claros candidatos ao título. Jari-Matti Latvala e Ott Tanak serán as súas principais armas para conseguilo. Ademáis, estarán acompañados por un esperanzador Esapekka Lappi. Desde logo, un equipo heteroxéneo e moi completo: un piloto rapidísimo, o piloto revelación da pasada temporada e unha promesa.
.
Foto: paultan.org (si, a foto e do coche de 2017 pero o novo é practicamente igual) |
Por útimo temos que falar un equipo Citroën que, sen discusión, é o que chega con máis dúbidas a este inicio de campionato. O seu xefe de equipo a pasada temporada, Yves Matton, deixou o equipo para convertirse en director de rallyes da FIA. Se parecía pouco, o grupo PSA decidiu reducir o presuposto para este proxecto no WRC. Só Meeke e Breen tomarán a saída co C3 WRC neste rally (Loeb participará en tres probas ao longo do ano) no que posiblemente o norirlandés atacará para conseguir o rally e Breen, como segundo piloto, fará gala da súa regularidade para dalle puntos ao equipo dos dous chevrons.
Como vedes, o diseño exterior dos coches e o diseño das súas cores non cambiou demasiado, pero o importante realmente será o rápidos que sexan e o emocionante que sexa un campionato que promete brindarnos grandes momentos.
Se non vos queredes perder nada deste histórico rally, recordade que este ano estréase WRC+ All Live co que poderedes ver tódolos tramos en directo. Ademáis, emitiranse en Movistar Deportes 1 os tramos do sábado ás 13:00 e o do domingo ás 9:00. En redbull.tv emitirase en directo o tramo do sábado ás 13:00 e haberá resumos diarios ás 22:00.