Mapa, Accesos e OnBoard dos tramos - Rally Sur do Condado 2021
Esta edición, a escudería SURCO volve sorprender co formato de 6 tramos a doble pasada, este itinerario pon a proba a todos os coches. Isto quere dicir que esta proba pode variar completamente as clasificacións dos campionatos cos abandonos por averías mecánicas ou os abandonos en xeral.
A continuación mostrámosvos o noso mapa do rally, coma sempre, sinalando os accesos, as saídas, as metas e os treitos:
Este ano, desde Condado Racing, traballamos un pouco máis os accesos, sinalamos solo os accesos por asfalto (salvo un acceso en Salceda), xa que notamos que os accesos de terra eran un estorbo no mapa, tanto para nós como para vós. Adoptamos unha nova nomenclatura dos accesos tomando exemplo do rally de Portugal, cita do campionato mundial, que nos obliga a nomear as zonas de forma lineal de acordo ao itinerario do rally.
Estos accesos están indicados nas nosas onboards tamén, que as subiremos ao longo da semana. Nos vídeos tamén incluímos un minimapa onde se poden apreciar os accesos para que poidamos ver fácilmente que distancia temos da zona que estamos vendo no vídeo ata o seguinte acceso do tramo, para ir andando. Como novidade poderedes apreciar que nalgúns vídeos temos "voz en off" nalgunhas partes dos tramos, esta voz vainos describindo un pouco as imaxes que estamos vendo na onboard.
Polo momento, por un problema técnico, vémonos obligados a deixarvos as onboard que compartimos coa Escudería SURCO, e cando solucionemos o problema poderedes ver as nosas onboard personalizadas.
ARBO-Transportes Augusto
Hora de peche: 6:43
1ª Pasada: 7:43
2ª Pasada: 12:12
Zona recomendada por Condado Racing: 3 e 4
3 e 4: Curvas míticas do tramo de Arbo, curva a dereita e horquilla a esquerda, entran nun camiño de hormigón baixando e xiran á esquerda entrando nunha carretera máis ancha.
COVELO/MONDARIZ-Staroil
Hora de peche: 7:36
1ª Pasada: 8:36
2ª Pasada: 13:05
Zona recomendada por Condado Racing: Entre a Zona 13 e 14
MOS-Altrans
Hora de peche: 8:34
1ª Pasada: 9:34
2ª Pasada: 14:03
Zona recomendada por Condado Racing: 27 e 34
27: Pequeno salto
34: Dúas horquillas á sombra
SALVATERRA-Electrogranxa
Hora de peche: 16:47
1ª Pasada: 17:47
2ª Pasada: 21:19
Zona recomendada por Condado Racing: 43
43: Horquilla mítica do tramo de Salvaterra, á esquerda hai unha finca que casi podería dicirse que é como unha grada natural.
PONTEAREAS-Electricidad Condado
Hora de peche: 17:30
1ª Pasada: 18:30
2ª Pasada: 22:02
Zona recomendada por Condado Racing: 50
SALCEDA-Talleres Sermiño
Hora de peche: 18:23
1ª Pasada: 19:23
2ª Pasada: 22:55
Zona recomendada por Condado Racing: 54 ou 55
54: Acceso non apto para coches deportivos ou baixos.
55: Acceso alternativo para coches baixos.
Comentarios
Publicar un comentario