Jorge Pérez participará cun Clio N5 en Narón

Esta tarde publicábase a lista de inscritos do rally de Narón, chegando a sumar 130 equipos que intentarán participar nesta trixésimo segunda edición desta proba. Investigando entre os equipos inscritos, sorprendeunos ver a Jorge Pérez (piloto habitual na copa Top Ten Pirelli co seu Clio R3) inscrito cun Renault Clio N5.

Rally da Coruña 2019-Nerea Sánchez

O propio Jorge Pérez confirmaba a Condado Racing a veracidade desta sorpresa, polo que poderemos ver ao equipo de Racing Stage Services a bordo dun Clio N5, fiel á marca francesa, Renault. A principio de temporada xa os puidemos ver nuns test a bordo dun Ford Fiesta N6, pero, finalmente, non competiron con el en ningunha carreira.
Esperamos que agora poidan competir contra Celestino Iglesias (Fiesta N5) e nos deixen unha bonita loita.

Comentarios

Publicacións populares