Nacen as Karting Series en Galicia

A organización define ás "Karting Seires" como "un campionato creado co obxetivo de fomentar a modalidade do karting, mediante un formato realmente divertido, sencillo e económico. Cinco probas puntuables nos mellores circuitos de Galicia, organizadas por profesionais con máis de 75 carreiras de experiencia na modalidade".

Descoñecido

Este novo campionato poderá ser unha alternativa ao Campionato de Galicia de Karting para moitos equipos en todas as categorías. O certame componse de cinco probas, visitando os circuitos máis coñecidos de Galicia e, ademáis, o famoso kartódromo de Viana do Castelo. Neste campionato haberá máis liberdade coa xestión de pneumáticos, entre outros detalles e será algo máis económico e accesible. Ademáis, durante os adestramentos libres levarase a cabo o proxecto de School Race, que fará que estes adestramentos deixen de ser unha simple rodada e que se convirtan nun entreno para aprender, simular situacións de carreira e practicar sin ningunha presión. A primeira proba será no circuito de As Pontes os días 13 e 14 de Abril, tamén podedes ollar as demáis citas no calendario de Facebook de Condado Racing.

-Reglamento(PDF)
-Máis información
-Información (School Race)

Comentarios

Publicacións populares