Karting As Pontes 2019-Información


Comeza o Campionato de Galicia de Karting coa primeira proba da temporada este sábado 23 de Marzo, a cita de As Pontes, organizada por "HC Competición", escudería que xa se encargou de organizar probas como o RallyMix d'A Gudiña. Os participantes terán a oportunidade de rodar nos adestramentos libres (por 15€) dende as 9:00 da mañá ata as 15:15, respetando o horario de cada categoría. A continuación comezarán os adestramentos oficiais (obligatorios). Máis tarde, dende as 16:30 ata as 17:45 celebraranse as semifinais e, seguidamente, as finais de 17:45 a 19:00. Entre todas as categorías haberá 27 participantes, a categoría que máis participación ten é a de Rookies, con 11 pilotos. Deixámosvos por aquí a lista de inscritos e a ubicación do circuito xunto cunha onboard:

-Lista de inscritos(PDF)
-Ubicación
-Onboard

-O tempo-As Pontes
-Onde comer-As Pontes
-Aloxamento-As Pontes
-Zonas de interese-As Pontes

Comentarios

Publicacións populares