A dupla do Hyundai I20 R5 mantivo unha boa loita durante os treitos da mañá con Víctor Senra e Ramón López a bordo do Citroën C3 R5, agora o líder é Iván con algo máis de 20 segundos de vantaxe. O primeiro scratch da temporada galega foi, por pouco, para Iván Ares no treito de Coirós, Víctor clasificábase segundo a menos de un segundo. Detrás deles estaban Alberto Meira, Iago Caamaño, Emilio Vázquez, Jorge Cagiao... entre 9 e 40 segundos por detrás dos dous primeiros. No seguinte treito, en Aranga era Víctor Senra quen impuña o seu tempo, deixando a Iván a máis de 5 segundos. Na xeral púñase Víctor como líder e por detrás as cousas seguían casi igual, sumando o abandono de Emilio Vázquez.
|
Descoñecido |
Na segunda pasada por Coirós marcaba o scratch o do I20, pero non era capaz de superar ao seu rival na xeral. Por detrás as cousas non se movían, así que pasamos ao TC4, último treito desta mañá. Neste treito había máis acción. Víctor Senra víase afectado por un pinchazo e perdía máis de 20 segundos e cedía a primeira posición a Iván Ares na clasificación xeral. Detrás, Alberto Meira sufría un trompo nun rasante e levoulle bastante tempo dar a volta e acabou perdendo un minuto, así se facía Iago Caamaño coa terceira posición da clasificación. Alberto Meira remata cuarto e por detrás viñan Ricardo Costa, Antonio González e Tino Iglesias.
|
Descoñecido |
Dentro de pouco comezarán a asistencia e está previsto o primeiro treito da tarde para as 16:40. Lembrámosvos que estamos en directo na web e na App.
Comentarios
Publicar un comentario