Roberto Blach Jr. presenta a decoración do seu DS3 R5 para 2019

Este domingo ás 12 da mañá presentábase tamén, no Salón do Automóbil de Competición, en Gijón, a decoración que portará Roberto Blach na súa nova montura, o Citroën DS3 R5. Despois de gañar a Peugeot Ibérica Rally Cup e o Trofeo Europeo Junior, o equipo de Blach levará adiante este proxecto para a temporada 2019, aprobeitarán a oportunidade e competirán en probas sobre asfalto e sobre terra. O piloto de Arteixo sabe que será difícil, terá que verse contra pilotos experimentados e moi rápidos, o seu obxetivo principal será aprender e facer quilómetros.


Roberto xa rodou nalgúns test intentando adaptarse á tracción total do vehículo e agora xa pensa na que será a súa primeira proba da temporada, o Rally Sierra Morena, en Marzo. Aquí vos deixamos o vídeo da presentación e o vídeo recollendo o premio da FGA:


Comentarios

Publicacións populares