Rally da Coruña 2019-Información
A primeira proba do campionato galego, o rally da Coruña, presentaba hai uns días os seus plans para esta edición. A cita contará cunha lista de inscritos bastante boa, seis R5, Luis Vilariño co N6, Gorka Antxustegui co novo Swift Sport, Gustavo Sosa cun 208 R2, Manolo Senra co 306 Kit Car, Emilio Vázquez co ZX Kit Car... e ata 115 inscritos.
-Lista de inscritos(PDF)
Sábado:
Parque de traballo
08:45-TC1-Coiros/Aranga-Onboard
09:15-TC2-Aranga-Onboard
Reagrupamento (O Burgo-Culleredo)
Parque de traballo
12:00-TC3-Coiros/Aranga-Onboard
12:30-TC4-Aranga-Onboard
Reagrupamento (Casa Becerra-Bribes)
Parque de traballo
16:40-TC5-Arteixo/Culleredo/Laracha-Onboard
17:10-TC6-Cerceda-Onboard
Reagrupamento (Campo da Feira de Cerceda)
Parque de traballo
19:20-TC7-Arteixo/Culleredo/Laracha-Onboard
19:50-TC8-Cerceda-Onboard
Parque pechado (Parrote)
Como vedes no horario, ao igual que en 2018, o rally estará composto por catro treitos polos que os equipos pasarán dúas veces. Aquí abaixo podedes ollar o mapa completo, deixamos sinalizados os treitos con todos os accesos, así como o parque pechado e o parque de traballo, esperamos que sexa cómodo de utilizar.
-Ver mapa en Wikiloc
Descripción e axuda
TC1/3
Neste treito non dispoñemos de accesos para os primeiros quilómetros. Ata a igrexa o trazado é rápido e estreito con curvas bastante rápidas, non hai zonas sucias. Nos arredores da igrexa comeza a haber curvas un pouco máis lentas e, posiblemente, algo máis sucias que as anteriores. A continuación unha zona bastante recta na que algúns coches poden ir casi ao corte á que podemos acceder pola Zona 1. Un pouc máis adiante atopamos un cruce en córner hacia a esquerda para entrar nunha estrada con peor asfalto e máis estreita, pode estar bastante sucio e pódese acceder dende a Zona 2, xusto no acceso hai un córner hacia a dereita que toma unha carretera do mesmo estilo e con muros de pedra(toda esta parte pode ser moi divertida). Chegamos á Zona 3, abandonamos esta estrada nun córner bastante difícil hacia a dereita para entrar nunha que parece estar algo mellor, zona rápida e chegamos ao seguinte punto, Zona 4, córner hacia a dereita bastante amplio, entramos noutra carretera do mesmo estilo, pero entre muros e casas. Toca a Zona 5, unha horquilla dende a que se miran varios centos de metros do percorrido e disfrútase bastante, normalmente está cheo. Para chegar á Zona 6 atoparemos moitas curvas nunha estrada como as anteriores, nada que destacar (mellor ver onboard). A partir de aquí, para chegar a meta hai moita recta e algunha curva de 90 graos.
(Zonas recomendadas: 2 e 5)
TC2/4
Dende a saída ata a Zona 1 atoparemos moitos baches. Ata a Zona 2 nada que destacar, non é unha zona rápida pero tampouco é lenta, curva tras curva. Ao pasar o acceso da Zona 2 temos máis do mesmo, ata chegar a un córner hacia a esquerda e entramos nunha parte moi rápida que incluso podería estar algo sucia contra o final. Aquí atopámosnos na Zona 3, unha horquilla á dereita. Hai un longo treito ata chegar ao seguinte acceso, aquí mestúranse rectas rápidas, curvas pechadas e rápidas e incluso algunha zona que pode estar sucia, a estrada é mellor que a que está onde a saída, pero sigue sendo bacheada (poderíamos resaltar dúas horquillas bastante amplias que hai na baixada pero os accesos quedan bastante lonxe para ir andando). No rasante da Zona 4 entramos nun terreo algo máis ancho e con mellor asfalto. Unha recta moi larga e chegamos á Zona 5 para atoparnos con dúas horquillas en baixada. De novo, zona moi rápida, pasamos pola Zona 6 e chegamos ao Concello de Aranga entre casas (Zona 7), córner esquerda e entramos nunha ponte, aquí hai moita xente, normalmente, pode ser unha boa elección. Cambio de estrada, volvemos a unha estreita, cun asfalto en bo estado, aparentemente. Pasamos unha zona entre casas e comezamos a subir, aquí pode ser aburrido cando pasen coches con pouca potencia. Na Zona 8 comeza a haber menos pendiente e a continuación unha zona na que se poden alcanzar grandes velocidades ata chegar á Zona 9, por aí pasan moi rápido e pode ser boa idea achegarse. Pasamos por unha curva que en 2018 deu algún susto e seguimos recto ata un córner hacia a dereita (Zona 10). Entramos nun asfalto peor e máis estreito, zona lenta e poida que sucia. Trazado moi técnico a partir de aquí ata o seguinte acceso (Zona 11), onde atoparemos cruce pechado hacia a esquerda que nos levará a meta.
(Zonas recomendadas: 7)
TC5/7
O treito comeza cunha carretera boa, asfalto bo, dentro do que cabe, e non demasiado ancho. Preto da saída hai dúas curvas (izq-der) nas que hai bastante xente e onde hai boa visibilidade durante uns centos de metros, siguen curvas normais con algún rasante pequeno e chegamos a unha zona un tanto complicada entre muros e casas, atopámosnos na Zona 1 do mapa, casi 1km entre muros. Agora unha carretera un tanto máis estreita e un pouco bacheada, pero non demasiado, rectas e curvas rápidas onde se pode ensuciar bastante. Chegamos así á Zona 2, uns 500 metros máis adiante hai unha "grada natural"(máis ou menos, mellor ver vídeo), se se busca comodidade e tranquilidade, pode estar ben. Seguidamente unha zona moi rápida e xiramos hacia a dereita hacia unha estrada moi estreita entre muros acompañada dun pequeno rasante. Volvemos á carretera de antes e chegamos á Zona 3, onde se atopa a famosa rotonda debaixo da ponte, moito espectáculo pero non nos parece un sitio moi seguro. Saímos desa zona e chegamos a unha carretera bastante bacheada e cunha recta longa. Metros máis tarde atopamos unhas curvas pechadas que poden ser bonitas para ver. Un pouco máis e chegamos á Zona 4, unha curva de 90º hacia a esquerda entrando nunha pequena parroquia. Saímos de aquí e outra curva de 90º, pero esta hacia a dereita(estamos na Zona 5). De novo, cruce hacia a esquerda, esta é a Zona 6 cunha finca amplia con boa visión. Agora zona moi, moi rápida, chegan ao corte no campo de fútbol. Un par de curvas máis e chegamos a unha horquilla (Zona 7) en subida hacia a esquerda, moi bonita de ver, despois recto ata meta.
(Zonas recomendadas: Campo de fútbol e 7)
TC6/8
Tomamos a saída nunha carretera moi ancha e entramos hacia a esquerda, seguimos nunha carretera ancha en subida, pasamos pola Zona 1(acceso de terra, non sabemos cómo se atopa) e seguimos subindo. Antes de chegar ao seguinte acceso, atopamos algunhas curvas que enganan un pouco, chegamos á Zona 2, tomamos unha horquilla hacia a dereita e comezamos a baixar, zona estreita. Pasamos de novo a unha estrada ancha e seguimos bordeando o Lago das Encrobas. Pasamos unha ponte estreita e pequena e chegamos á Zona 3, un rasante no que posiblemente salte máis de un. Pasamos unha rotonda e seguimos baixando hacia a Zona 4, horquilla moi pechada a dereita cunha saída difícil, moi estreita e moi sucia, seguimos baixando, esta zona impón bastante, mentras baixamos podemos ver o lago. Pasamos unha ponte moi ancha e a vía a continuación é máis ancha que a anterior. Córner hacia a esquerda, comezamos a subir de novo por unha estrada estreita, este lugar está sinalado como Zona 5. Cambiamos a unha estrada moi grande e con curvas rápidas que se poden pasar a gran velocidade. Entramos no cruce da Zona 6 hacia unha estrada máis pequena e técnica. Pasamos entre algunhas casas, pasamos a Zona 7 e chegamos a meta.
(Zonas recomendadas: 2 e baixada zona 4)
-Tempos online
-Condado Racing en directo
-La Voz de Galicia en directo
-O tempo-A Coruña
-Onde comer-A Coruña
-Aloxamento-A Coruña
-Zonas de interese-A Coruña
Moitas gracias por confiar en Condado Racing, pasádeo ben!
Comentarios
Publicar un comentario