Dani Sordo, 13 de 14 en Fafe

Moi cerca estivo o piloto de Hyundai de facer un pleno esta pasada fin de semana no Rally Serras de Fafe. Daniel Sordo conseguía facerse con 13 scratch's de 14 posibles, o primeiro da tarde do sábado "roubáballo" o piloto portugués Armindo Araújo. Como ambos equipos disputaban a proba cun Hyundai I20 R5, fixeron que a marca conseguira os mellores tempos en todo-los os treitos.

Descoñecido

Un gran grupo de vehículos da categoría R5 achegábase ata Fafe, uns para comezar o campionato nacional de Portugal, outros para comezar o campionato de Portugal norte e outros para facer test para a temporada que se presenta. Dani Sordo, acompañado de Carlos del Barrio, conseguiron impoñerse ante todos os presentes e gañar o rally. O cántabro estrena a temporada con esta vitoria, unha boa toma de contacto para coller ritmo, xa que a súa próxima cita será o Rally de México, do WRC, pero para esta participará xa cun Hyundai I20 WRC.

Comentarios

Publicacións populares