Encarga a túa camiseta de Condado Racing

Como todos sabedes xa, hai unha semana publicamos enquisas nas nosas redes sociais para saber cantos de vós queriades camisetas de Condado Racing e o resultado foi bastante bo.
Hoxe, luns 22 de Outubro ás 12:00h., publicamos esta entrada no noso blog para que poidades efectuar o pedido das camisetas. Moi importante seguir lendo a información que ven a continuación:

O precio exacto non o poderemos saber ata rematar o encargo do pedido pero estimamos un custo de 10€. As camisetas entregaranse o día 24 de Novembro durante a celebración do Rally de Regularidade do Moucho nos tres seguintes puntos: parque pechado de A Cañiza, parque de reagrupamento de Salvaterra e na meta, no Restaurante Castelo, en Vilasobroso; o pago do producto efectuarase na súa recollida.

Pedimos o voso correo electónico para mantervos informados da situación de cada pedido e para os que queiran máis comodidade tamén ofrecemos a posibilidade de informar mediante WhatsApp.

No formulario que aparece a continuación poderedes facer o pedido da vosa camiseta poñendo o nome da persona que a recollerá e escollendo unha das tallas que se ofrecen.

Formulario: https://goo.gl/forms/31WkbGoACBZkYjO42

¡ATENCIÓN! O prazo para completar o formulario remata o mércores día 24 de Outbro ás 12:00h. polo que hai 48 horas para efectuar o pedido.

Publicacións populares