Primeiros títulos da temporada para Javier Pardo e Adrián Pérez

Dende o primeiro treito, o Suzuki Swift R+ tomou un alto ritmo que o levou a prosicionarse nas primeiras posicións, en plena pelea cos mellores do campionato. Os bos e rápidos percorridos eran do agrado do piloto e o coche comportabase moi ben neste terreo, co que as diferencias cos vehículos R5 se reducían con respecto a rallies anteriores.


O treito B cos seus vinte e dous quilómetros e tendo que repetirse tres veces supuñan máis da metade do percorrido, polo que iba a ser moi importante. Javier conseguía unha gran velocidade en todo o treito, mantendo as posicións, mezclado entre os R5 e N+.

Unha gran regularidade en todos os treitos e moi boa progresión na segunda e terceira pasada polo treito máis longo fixeron que finalmente chegasen ao final da proba na cuarta posición absoluta. Ademáis, sendo primeiro tanto na categoría Junior como en N5.

Este gran resultado devólveo á cuarta posición do campionato. Pero o máis importante, é que, a falta de dúas probas para finalizar o campionato xa conseguiron, matemáticamente, dous dos títulos polos que loitaban:

CAMPIÓN do Trofeo de España de Rallies de Terra de Pilotos Junior
CAMPIÓN do Trofeo de España de Rallies de Terra para pilotos de vehículos N5


Na categoría N5 foron cinco victorias nas cinco probas disputadas co Suzuki Swift R+, mentras que no apartado Junior conseguiu cinco victorias e un segundo posto.

Nun mes sin descanso, a próxima semana, de novo, estarán no CERA disputando o Rally de Llanes.

Publicacións populares