A quinta proba do CGM agarda moitos aficcionados
A escuderia BuXa Motor organiza a III Subida a Ponte Caldelas, os días 4 e 5 de Agosto de 2018, proba puntuable para o CGM (Campionato Galicia de Montaña). É unha proba que todavía está asentándose no campionato pero que sempre foi un éxito, tanto de inscrición, como de público asistente, demostrando que hai moita afición na zona e, en xeral, na provincia de Pontevedra e as súas proximidades.
O percorrido: Sae moi preto do centro de Pontecaldelas, pódese ir dando un paseo pola PO-255. A estrada cortarase na rotonda en dirección Arcade/Soutomaior e nese primeiro treito colocarase o parque de traballo, a media altura estara a saída. O treito cronometrado discurre pola estrada que pasa por Rebordelo camiño a Esfarrapada, algunhas partes deste percorrido foron tramos do rally Rías Baixas e do Albariño. É un trazado moi rápido, así que se colocará unha chicane no pobo de Rebordelo, un clásico na subida. O trazado percorre unha distancia total de 4,200 Km. O cambio débese ás obras que se están a realizar na estrada de Laxoso. Este novo trazado conta con máis accesos, zonas de aparcamento e zonas elevadas para o público.
As inscripcións permanecerán abertas ata o día 31 de Xullo (hoxe), ás 21.00h. O día 2 publicarase a lista de inscritos aprobada pola Federación (prevista para as 20:00h). Cos datos que ten a escudería agora mesmo… aseguran que vai a ser unha lista de inscritos con moitas novidades que van sorprender á aficción.
Nerea Sánchez-Subida A Estrada 2017 |

O campionato en non-carrozados vai bastante reñido polos tempos axustados de todo-los pilotos de cabeza: Alexis Vieitez (actual campión de montaña e membro da escudería), Pablo Rey, Sergio Varela e algúns máis, que están en plena forma e baixando tempos en cada manga de cada subida, e nesta non será menos. En carrozados agárdase a asistencia non sólo de Manolo Senra (agora habitual das subidas) se non tamén dos pilotos míticos da provincia como Víctor Magariños, Cristóbal Serantes co Saxo SCC, Santi Abad co Lamborghini…(haberá que ver a lista de inscritos para ver se é certo), e algunha sorpresa máis que dará a escudería coa lista de inscritos, como por exemplo a “batalla” entre Alberto Camba e “Paco Outeda” que está xerando moita expectación.
A escudería BuXa Motor está moi contenta de ter nas súa filas unha selección moi variada de pilotos:
-En no carrozados, Alexis Vieitez, co seu Fórmula Outeda, bicampeón galego de montaña, o máis xoven en gañar este campionato. Dani Rodriguez que cambia o EVO por un Speed Car e Moisés Rey, tamén facendo moi bos tempos nas probas que leva do campionato.
-Rubén Fernández ,o piloto de Ponte Caldelas recuperou o seu Peugeot 206 co que gañou a Copa Pirelli AMF no 2015, é un coche que domina á perfección e na proba de casa seguro que dará o mellor de sí! Despois de varios anos sen competir volve Rubén Baqueiro co 205 GTI, os aficionados están desexando velo en casa. O ano pasado tamén debutaba en Ponte Caldelas Adrián Sabajanes, piloto do concello, e reengancha este ano nesta proba o campionato. Ademáis, a escudería espera que Mara Fontán resolva a tempo os problemas coa caixa de cambios do seu saxo. A sorpresa tampouco a dará José Baqueiro, verémolo na lista de inscritos.
Marco da Silva-Subida Cerdedo-Cotobade 2018 |

-Na modalidade de Regularidade Sport a escudería conta con “os Diegos”: Diego Rodríguez e Diego González que van segundos da modalidade na clasificación do campionato co Peugeot 205 Gutmann. Suso Acuña e Fabián Tenorio, que se estrenaron en Pontevedra co Ford Fiesta e agora tócalle a José Carragal e Sergio Pereira cun Opel Astra GSI.
O ano pasado a escuderia creara un hastag (#VASCORRERVAS) para unir as publicacións das subidas que organiza (Ponte Caldelas e A Escusa). A boa acollida do “QuéCheDixoTúaNai” derivou noutro coñecido no que a escudería BuXa Motor elabora preguntas relacionadas coa competición buscando mostrar o lado máis humano e divertido dos pilotos. Podédelo seguir en Facebook.com/escuderiabuxa e no Instagram @buxamotor

Comunicado de prensa Escudería BuXa Motor Poio
Cando se publique a lista de inscritos publicaremos toda a información que se precisa para asistir (Mapa, accesos, on-board,...) ou para seguir o evento dende casa (seguimento on-line). Esta proba está obtendo moi boas estatísticas no noso evento de Facebook e parece que ante a falta de rallies, unha boa parte dos aficcionados ao motor desplazaranse ata Ponte Caldelas.
Proba en directo: Condado Racing
Proba en directo: Condado Racing