Primeira vitoria da temporada para Alexis Vieitez


Despois de que Andrés Vilariño comunicara que non tomaría a saída nesta terceira proba de montaña do CGM por problemas coa caixa de cambios, todos tiñan en mente a Alexis Vietez e máis a Pablo Rey como principais candidatos á vitoria da proba. O sábado ás catro da tarde comezaba a primeira manga de entrenos e uns segundos despois notificábamos no noso seguimento en directo da proba que Pablo Rey sufría unha saída de pista:


Pablo non sufriu danos, pola contra, o seu fórmula non podería tomar a saída á primeira manga oficial xa que estaba sendo reparado. Así, Alexis camiñaba en primeira posición ata a segunda manga oficial e última manga da primeira xornada. Aquí Alexis volvería colocarse en primeira posición xa que Pablo tomaría a saída con problemas no seu fórmula ao non conseguir reparalo completamente. Debido á lentitude coa que subía foi alcanzado por varios equipos na zona final do percorrido e algúns decidiron dar por rematada a manga xa que non poderían obter o tempo desexado e pensaron que sería un risco innecesario adiantar a Rey, pola contra Sergio Varela quería ir a polo tempo para a clasificación e intentou adiantar aos demáis pilotos. Esta situación ocasionou diferentes opinións e algunha que outra protesta (tanto dalgún piloto como de aficionados), aquí vos deixamos algunha imaxe para que opinedes vos mesmos:



O domingo, a manga de entrenos transcurriría sen problemas entre os equipos de cabeza, pero Óscar Gayoso sufríu unha saída de pista e a carreira estivo parada para intentar quitar a barqueta, finalmente foi retirada ao remate da manga de entrenos. Na seguinte manga, terceira manga oficial, Alexis volvía impoñerse co mellor tempo da fin de semana, o segundo sería Pablo Rey e agora os problemas serían para Carlos Lorenzo quen non remataría a pasada.


Na última manga, Alexis Vieitez volvía conseguir o mellor tempo e Pablo Rey mantíñase no tempo da terceira manga oficial, Carlos Lorenzo volvía sair e mantiña unha interesante loita con Sergio Varela. Finalmente, Alexis Vieitez foi o vencedor da proba, o segundo clasificado sería Pablo Rey gracias aos tempos da terceira e cuarta manga, por detrás estarían Carlos Lorenzo e Sergio Varela, terceiro e cuarto, separados por tan só 0,2 segundos. Así remataba unha espectacular segunda edición da subida a Cerdedo-Cotobade. Por outra parte foi unha pena que non puidesemos comparar os tempos coa edición pasada, pois o trazado era máis curto en 2017.

-Tempos oficiais: AQUÍ

Publicacións populares