Así será o Rally Sur do Condado 2018

A décimo quinta edición do rally Sur do Condado será a proba seguinte ao rally de Narón. A proba organizada pola escudería SURCO celebrarase, como é habitual, na primeira metade do mes de Xullo, os días 6, 7 e 8.

L. Rivera

Hai uns día presentouse o reglamento da proba e xa sabemos datos como que en Salceda de Caselas faranse dous reagrupamentos e un máis en A Cañiza, tamén sabemos que o parque pechado estará situado en Salvaterra de Miño, no Parque da Canuda, e alí haberá actos como "Photocall" e firma de autógrafos como en edicións anteriores.

Marcos Parada

Con respecto aos treitos, serán un total de 11 divididos en catro seccións e que se completarán nun só día, o sábado. Aínda que hai moitas máis opcións imos poñer un exemplo de como podería ser un rally con estas características:

  • 3 treitos a doble pasada pola mañá, 2 treitos a doble pasada pola tarde e un último treito.
Esta escudería xa sorprendía en 2016, cando a competición se dividía en 6 percorridos a doble pasada, facendo un total de 12 especiais. Este ano contará cos once treitos xa mencionados e que completarán unha distancia de 113,46km. cronometrados, a distancia total da proba será de 371,05km.

-Reglamento

Publicacións populares