O campeonato italiano de Rallys interesa a pilotos internacionais

http://www.rallysportmag.com.au/home/images/2016September/Liepaja-Rally-2016-Kalle-Rovanpera.jpg
Foto: rallysportmag.com
Son varios os pilotos interesados en participar no campeonato italiano de rallys, entre eles destacan o xovencísimo piloto finlandés Kalle Rovanperä, o equipo Toyota Gazoo Racing e o programa de desenrolo de Hyundai. 

No caso de Rovanperä a federación italiana deberá mudar as súas normas para permitir que o piloto de tan só 16 anos participe no seu campeonato. O seu copiloto deberá cumprir unha serie de requisitos e o adolescente deberá aprobar un exame dunha Escola Federal de Conducción e ter o permiso expreso de seus pais. Estas medidas estarían preto de levarse a cabo, polo que poderíamos velo nas primeiras probas, rumoréase que podería facelo a bordo dun Peugeot 208 T16 R5.

O equipo Toyota Gazoo Racing desembarcará en Italia con dous dos seus pilotos en desarrollo, Hiroki Arai e Takamoto Katsuta. A diferenza das súas últimas participacións, os pilotos xaponeses competiran a bordo de sendos Ford Fiesta R2, aínda que poderían participar nalgunha proba con vehículos R5. 

http://www.rallism.fi/files/news_image/510433/252673_1.jpeg
Foto: rallism.fi
Pola súa parte, o equipo Hyundai participará no Rally San Remo con Chewon Lim e Hayden Paddon, con dúas unidades do Hyundai i20 R5, ademais cabe a posibilidade de que o piloto coreano participe no rally de Cerdeña dentro do WRC2, enfrontándose así a pilotos de grande nivel.

https://static.motor.es/fotos-noticias/2017/02/min652x435/chewon-lin-protegido-hyundai-motorsport-llega-wrc-201734269_1.jpg
Foto:motor.es
                                  

Parece que o grande éxito dos vehículos R5 nos diferentes campeonatos, e que os equipos de desenrolo o miren como un campeonato adecuado, facilita a aparición dunha nova era dos rallys en Italia. Esperemos que en España tamén poidamos ver a pilotos de talle internacional en pouco tempo.

Publicacións populares