Subida Ponte Caldelas 2016-Clasificación
Hoxe non houbo sorpresas en canto ao vencedor das mangas, Alexis Viéitez seguía liderando.
Na primeira manga de hoxe, gañaba Alexis por diante de Jesús Pombo e Martín Villar. Juan Lamela, piloto da escudería Surco, por fin avanzaba algunha posición clasificándose 19º co seu Citroën AX.
Na segunda manga de hoxe, quinta da competición, Alexis Viéitez seguía en cabeza, en segunda posición seguíao Jesús Pombo e en terceira Jacobo Sobral.
Na terceira manga houbo novidades, un accidente de Alexis Viéitez, avisado por Pé Á Chapa Racing nas redes sociais.
"Alexis Viéitez saiuse de pista na última manga da Subida a Ponte Caldelas cando lideraba a proba. O propio piloto confírmanos que se encontra ben.
Fotos: Juan José Rodríguez Seco"
Pé Á Chapa Racing
A clasificación da sexta manga finalmente quedaría así:
Vencedor da proba, Alexis Viéitez; segunda posición para Jesús Pombo e en terceiro lugar Jacobo Sobral.
Clasificacións: