Jorge Pérez participará na Coruña sin un presuposto fixo

O piloto do Renault Clio R3, habitual da copa Top Ten Pirelli, participará na Coruña os días 23 e 24 de Febreiro sin ter pechado aínda un programa de presuposto para esta temporada. Aínda sendo un dos pilotos de cabeza, non é nada fácil buscar patrocinadores; o piloto de Salceda conseguía na pasada temporada 2017 posicionarse cuarto do campionato (por detrás de dous vehículos R5 e un R4), ademáis, primeiro da copa Top Ten Pirelli-Castrol en dúas rodas motrices e primeiro da súa agrupación.

Marcos Parada

O vehículo atópase casi en plena forma, xa que o Clio se revisou para un rally Comarca da Ulloa que non se chegou a celebrar. Neste tema, Jorge pide maior rigor á FGA cos calendarios dado que os equipos e patrocinadores fan inversións importantes para preparar as probas.


Esta temporada participará de novo na copa Top Ten Pirelli-Castrol e loitará contra vehículos 4×4 co seu Clio R3 (tracción "dianteira") sin saber aínda cantas probas da temporada poderá facer. Jorge sigue coas negociacións para conseguir o presuposto necesario.

Ánimo!

Publicacións populares