Así será a nova copa N5 RMC
A empresa RMC disponse a celebrar unha copa en 2018 cos seus vehículos da categoría N5. Tanto os N5 de RMC como os Swift N5 de ARVidal levan bastante tempo sendo adaptados ao asfalto, pero ademáis, os de RMC tamén foron probados en terra e, nesta temporada, conseguiron o CERT cun Peugeot 208 N5 pilotado por José Antonio Suárez e copilotado por Cándido Carrera. Comezaremos por amosarvos as características dos vehículos N5 da copa:
- Motor: 1.600cc Turbo
- Potencia: 310cv
- Par: 370Nm
- Tracción:4*4
- Depósito: Premier 100 litros
- Dirección asistida hidráulica
- Peso: 1230kg
- Ancho de vías: 1820mm
- Cambio secuencial: Samsonas de 6 marchas
- Amortiguadores Exe-TC de 4 vías
- Frenos: AP Racing
- Pinzas 4 pistóns
- Discos:
- Asfalto: 354mm
- Terra: 304mm
- Llantas Braid:
- Asfalto 8*18"
- Terra 7*15"
- Pneumáticos Michelín
Con estas características poderase decidir entre os seguintes modelos:
- Peugeot 208 N5
- Citroën DS3 N5
- Ford Fiesta N5
- Hyundai I20 N5
- Renault Clio N5
En canto ás carreiras que se disputarán, en total serán sete, tendo que descartar un resultado, e repártense en 3 de terra e 4 de asfalto. Baseándose na clasificación oficial do rally, os equipos da copa recibirán os puntos correspondentes a esta.
- 15pts.
- 12pts.
- 10pts.
- 8pts.
- 7pts.
- 6pts.
- 5pts.
- 4pts.
- 3pts.
- 2pts.
- 1pts.
Ademáis, tamén se poderán obter puntos para a copa no TC+, 3, 2 e 1 puntos para os tres primeiros. Outra forma de obter puntos será conseguindo 1 punto por cada scratch nos restantes tramos entre os participantes da copa N5 RMC.
Como resumo do regulamento: o equipo RMC levará o control dos coches e as verificacións destes, só admitirán na copa vehículos N5 construidos e homologados por RMC, RMC Motorsport non poderá levar en alquiler a ningún dos participantes e RMC moverá ata cada carreira un camión con recambios que os participantes poidan precisar durante as probas. En canto aos pneumáticos, a marca escollida foi Michelin e poderanse utilizar 10 unidades para asfalto e 8 para terra, por rally, e un mínimo de 4. O combustible será proporcionado por RMC en cada carreira, Panta Max 102 octanos.
E chegou o punto máis apetecible, os premios. En cada carreira, RMC entregará os seguintes premios aos participantes da copa:
- 5.000€+IVA e 4 pneumáticos Michelín A-31
- 4.000€+IVA e 3 pneumáticos Michelín A-31
- 3.000€+IVA e 2 pneumáticos Michelín A-31
- 2.000€+IVA e 1 pneumáticos Michelín A-31
- 1.000€+IVA e 1 pneumáticos Michelín A-31
Ao rematar as probas da copa, o gañador conseguirá unha proba do nacional cun vehículo da categoría R5. E ao final da temporada, se algún vehículo da copa N5 consegue gañar o campionato absoluto (asfalto ou terra) da categoría N5, recibirá 6.000€ de premio.
Prensa RMC Motorsport