Primeiro #CERA para Ares e Pintor

O equipo galego formado por Iván Ares e José Pintor que compiten no Campionato de España de Rallyes de Asfalto cun Hyundai I20 da categoría R5 conseguía este pasado sábado 21 de outubro a vitoria no rally cántabro e facéndose desta maneira co título do CERA 2017.


Fanse campións despois de estar loitando case toda a temporada contra Cristian García (quen decide abandonar o CERA hai uns días) e, tamén, despois de aparecer unha polémica lista de equipos que chegaran aos recoñecementos de Llanes coas notas feitas, segundo din, a partir dun vídeo. Agora, a falta de dúas probas para o final da temporada, os do Hyundai xa saben que son gañadores do campionato.

Pablo Ares

Ao principio, os pilotos destacados (Ares, Burgo e Pernía) comezaban igualados nos primeiros tramos, ata que, desafortunadamente, Surhayen Pernía sufría no TC+ un forte impacto que o obligaba a abandonar. Desta maneira posicionábase Pedro Burgo en cabeza con Ares a 5 segundos (cunha penalización de 10 segundos), mantiveron o ritmo durante o TC5 e TC6, ata que Ares decide atacar (coa meteoroloxía indicando posible choiva) no TC7 e sitúase por diante dos irmáns Burgo quitándolle 10 segundos na clasificacións scratch e colocándose con 6 segundos de vantaxe na xeral. Neste TC7 Burgo declaraba sinceramente que non había ningún problema Fabia R5, simplemente Ares e Pintor sabían correr máis (Check out @condado_racing's Tweet: https://twitter.com/condado_racing/status/921783666111647745?s=08). Xa no último tramo chegaban Iván e Jose felices sabendo que tiñan o campionato nas súas mans, así se viviu a celebración en meta:

Check out @condado_racing's Tweet: https://twitter.com/condado_racing/status/921801388581060614?s=08

Outros abandonos salientables, ademáis do de Pernía, son os do Abarth de Álvaro Muñíz, ao chocar contra un muro e caerlle este por enriba do coche; e o do Clio N5 de Fuster, que tiña que abandonar na asistencia despois do TC6 por problemas de dirección; estes entre outros moitos.

Marcos Parada

Tamén debemos falar da actuación de Javier Pardo que rematou un grandísimo rally primeiro da R2 e das 2RM conseguindo situarse quinto da xeral e por diante de Díaz, co Swift S1600, e de Blach, co R2. Terceiro e cuarto quedaban os dous Swift N5 de Vinyes e Antxustegui, respectivamente.

L. Rivera

Publicacións populares