Alexis máis líder cada día
Alexis volve marchar de Ponte Caldelas cunha vitoria. Segunda edición e segunda vitoria consecutiva en Ponte Caldelas.
O do Fórmula Outeda conseguiu a vitoria por diante de Pablo Rey, tamén cun Formula Outeda e quen conseguía o mellor tempo da derradeira manga despois de non poder marcar tempo na penúltima manga tra-lo accidente sufrido por Pombo. Este último, loitando en cabeza e tomando a saída detrás de Alexis na primeira manga oficial do domingo, sufría un accidente cando xa estaba preto de meta. Por sorte saíu ileso do incidente e puido "reparar" a parte dianteira danada no choque para sair na última manga. Conseguiu a cuarta posición da clasificación da xeral deixando escapar a Vieitez na clasificación do campionato.
Foi por este golpe polo que Pablo Rey non obtivo tempo na respectiva manga ao tomar a saída detrás de Jesús e verse obligado a aminorar o ritmo na zona do suceso.
En terceira posición finalizaba José Carlos Lorenzo. Despois desta proba do CGM, Pombo non sabe se continuará na loita polo campionato.
Marco da Silva |