Liderato completo de finlandeses no rally de Finlandia, onde os tres primeiros da clasificación xeral son de Finlandia.
Podían ser ata catro finlandeses liderando a proba, pero foi Latvala quen tivo que abandonar cando era o primeiro, así deixa a primeira posición ao seu novato compañeiro de equipo Lappi co Toyota Yaris WRC 2017. Xusto por detrás de Lappi corre Suninen co antigo Ford Fiesta WRC cunha desvantaxe de casi 50 segundos e superando a Haninen en 4 segundos, cando parece que vai conseguir completar a súa primeira proba do WRC neste ano.
Por detrás siguen pilotos como Elfyn Evans, Craig Breen, Thierry Neuville, Ott Tänak, Kris Meek, Dani Sordo, Mads Ostberg... Hoxe Ogier decidía tomar a saída e abandonar para permitir que o seu copiloto, Ingrassia, se recupere do forte golpe sufrido o venres. Teremos que esperar a mañá, domingo, para ver cómo se resolve a competición.