Previa Rally de Arxentina: A hora da verdade
motorsport.com |
Chega a quinta proba do WRC 2017, o Rally de Arxentina. Despois de que nas catro primeiras probas gañaran as catro marcas que compiten na categoría WRC, salvo sorpresa histórica unha marca repetirá por fin triunfo nesta temporada. A proba sudamericana pode ser decisiva para algúns pilotos na súa loita polo mundial ou mesmo na súa posición como pilotos titulares nos seus presentes equipos.
En Ford, desde logo, ningún piloto está no punto de mira. Ott Tänak cometeu un erro no pasado Tour de Corse pero Malcolm Wilson é consciente do talento do estonio. Tanto Tänak como Ogier ven neste Rally unha posibilidade de marcar a diferenza tanto no campionato de constructores (son líderes) como no de pilotos (Ogier líder).
motorsport.com |
En Toyota ninguén dubida do talento de Latvala (2º no campionato), pero a situación de Hanninen comeza a ser comprometida. Probablemente, se non fora por que participou nos test do seu equipo desde o principio, Tommi Mäkinen estariá pensando seriamente nun substituto para un piloto que non se pode permitir cometer máis erros.
Na escuadra francesa Citroën prescindirán para esta proba dun Stephane Lefebvre que estivo moi debaixo do esperado. Veremos que que é capaz o irlandés Craig Breen que comezou a temporada mostrándose constante e considerablemente rápido. Precisamente rápido é un Kris Meeke que chega con moita fame de vitoria a Arxentina despois de ter que retirarse sendo líder en Córcega.
wrc.com |
Por último, en Hyundai a situación é extraña. Mikkelsen fixo no día de onte hai uns días un test co equipo coreano que fixo á prensa especular sobre un cuarto Hyundai nalgunhas probas ou incluso o cambio dun decepcionante Paddon polo piloto noruego. Paddon chega moi presionado ao Rally no que conseguiu o ano pasado a súa única vitoria ata agora no WRC. Debe facer unha boa actuación para estar ao nivel dos seus compañeiros de equipo. Un deles, Dani Sordo, é bastante rápido en superficies con moito grip, como é o caso da terra de Arxentina, polo que esperamos que o cántabro manteña un bo ritmo. É o seu momento de demostrar que pode loitar polo título. O outro piloto de Hyundai, Thierry Neuville, chega coa moral moi alta despois da vitoria en Francia e coa sensación de que unhas boas actuacións nas seguintes probas poderían reenganchalo á a loita polo campionato.
Cabe destacar tamén que Mads Ostberg volverá a correr neste rally co seu Fiesta WRC 2017 privado. Nuns días publicaremos horarios para ver en TV esta emocionante proba.