Onde ver o rally de Arxentina 2017

Na quinta proba do WRC a retransmisión televisiva non será, desde logo, a mellor da temporada. Aínda así, disporemos de dous tramos en directo en Movistar+. O primeiro, o sábado ás 21:30 en Movistar Deportes 1. A power stage no mítico tramo "El cóndor" será retransmitida na mesma canle o domingo ás 17:00. 


En redbull.tv haberá un pequeno cambio con respecto ás probas europeas. Os resumos de cada día serán ás 03:00 e non ás 22:00 como adoitaban facer. Retransmitirase un tramo o sábado ás 18:00 da tarde. 

Hoxe Jari-Matti Latvala conseguiu o mellor tempo nun shakedown que normalmente non dá demasiadas pistas sobre o que vai pasar na fin de semana. A proba sudamericana promete grandes emocións, non vola perdades!

Publicacións populares