Retro: Rally México 2004. Markko Märtin, o supervivente

Benvidos a "retro", a nova sección de Condado Racing na que recordaremos, antes de cada rally do WRC 2017, anécdotas, pilotos e coches desa mesma proba en anos pasados. Nesta ocasión repasaremos o Rally de México 2004, do cal temos moitas imaxes grazas a wrc.com.

Este resumo é moi longo, así que sinalaremos os minutos cos mellores momentos do rally. Non obstante, se tedes tempo, podedes miralo enteiro xa que é bastante interesante.


Como xa sabedes, nos rallys moitas veces non gaña o máis rápido, senon o máis constante. Que llo digan a Markko Märtin e ao equipo Ford, que conseguiu un doblete na primeira edición do Rally de México no WRC. Os erros dos principais favoritos foron sucedéndose un tras outro e o estonio e o belga Duval (segundo) foron os únicos que non fallaron. 

Foto: Ruta Rally

Foto: McKlein Image Database
Solberg co seu Subaru dominou na xornada do venres, pero recibiu unha sanción de case 6 minutos que fixo que caera ata a posición 13, (vídeo minuto 18:30, Luis Moya falando a partir do 19:40). Märtin saíu o sábado en cuarta posición, pero o 307 WRC de Grönholm rompeu a súa dirección asistida (vídeo minuto 23:10, o enfado no 23:42 non ten desperdicio). Pouco tempo máis tarde, Loeb, líder naquel momento, retírase (vídeo minuto 26:40). Rovanpera, outro dos pilotos que estaba loitando polos primeiros postos, ten un problema coa dirección que o obriga a quitarlle unha roda ao coche e seguir momentaneamente con tres rodas (vídeo minuto 30:05). 


Märtin xa era líder, pero o "matador" Sainz estaba moi preto del. Non obstante un erro do equipo Citroën obrigouno a usar rodas gastadas no seu coche e deu lugar ao erro do minuto 32:40 do vídeo. Mentras tanto, Solberg voaba para remontar posicións despois da sanción (finalmente acabou cuarto). 

Parecía que Märtin xa tiña encarrilada a súa vitoria, pero todos sabemos que Sainz, pese a
todas as adversidades, nunca se pode dar por morto. O "matador" íase achegando pouco a pouco cos seus ataques, pero outro erro (vídeo minuto 42:25) deixouno fóra da loita. Ademáis, Duval conseguiu quitarlle o segundo posto. Así, Märtin conseguiu a terceira vitoria da súa carreira (vídeo minuto 47:45). O estonio gañou dous rallys máis no WRC, e posteriormente deixou a competición despois de que o seu copiloto Michael Park morrera no Rally de Gran Bretaña 2005.

Foto: motorsport.com


.

Publicacións populares