Previa rally de México 2017: O momento de Neuville.

Foto: 800Noticias
Despois dun rally de Suecia ao que se chegou con moitos interrogantes (e moitos deles foron resoltos) o WRC comeza o seu periplo por América co rally de México. Todas as miradas apuntan hacia un home que ten que resarcirse despois de abandonar nás dúas primeiras probas sendo líder: Thierry Neuville.

Tanto en Montecarlo como en Suecia, o belga demostrou ser o máis rápido, mantendo un ritmo constante e moi alto e conducindo moi fino á vez. Nalgúns momentos recordaba ao "matador" Carlos Sainz. Pero nos dous casos desperdiciou toda a súa vantaxe nos últimos tramos do sábado. Teno todo para conseguir unha boa posición en México, Thierry non pode fallar.

Os outros dous pilotos do equipo Hyundai, Sordo e Paddon, atópanse en situacións ben diferentes. Sordo sabe que non ten un ritmo alto en superficies con pouco grip e mantivo unha estratexia conservadora coa que obtivo uns resultados relativamente bos. Non obstante, esperamos máis do cántabro en México.  Paddon, pola contra, tivo que abandonar en Montecarlo e en Suecia non foi capaz de atoparse cómodo co coche. O piloto "kiwi" debe mellorar se quere estar nunha loita polo título da que se podería descolgar na próxima fin de semana.
Foto: Toyota Gazoo Racing

O equipo Toyota cruza o Atlántico cunha sensación de absoluta euforia. Jari-Matti Latvala síntese cómodo no equipo de Mäkinen, non ten a presión que tiña en Volkswagen, e iso é vital para ver resultados como a última victoria. É probable que o equipo nipón teña a victoria moito máis lonxe do seu alcance que en Suecia, pero se Latvala está ben podémonos esperar calquera cousa. O outro piloto do equipo, Hanninen, está recibindo bastantes críticas despois de dous accidentes nas dúas primeiras probas, pero a alegría que desprende todo o equipo despois de gañar inesperadamente fai pensar que para eles é un mal menor. 

Sebastian Ogier e o equipo Ford chegan a México sabendo que este ano o campionato vai a estar moito máis caro que nas últimas 4 ocasións. Ademáis, no caso do francés, debe ter en conta que ten o inimigo na súa propia casa, porque Ott Tanak está a un nivel impresionante. Máis cedo que tarde chegará a súa (merecidísima) primeira victoria. Despois de Neuville é o favorito nesta cita mundialista. 


Foto: wrc.com
Sen dúbida o equipo que chega con máis incertezas a este rally é Citroën. Son a gran decepción deste comezo de temporada, e máis que o propio coche, os que están no punto de mira son os pilotos. Kris Meeke é capaz do mellor e do peor e demóstrao todos os anos, polo que en México pode non acabar o rally ou incluso gañalo. Estase criticando moito tamén ao francés Lefebvre, xa que se afirma que non ten nivel suficiente para loitar no WRC. Ata agora o piloto máis constante estaba sendo o irlandés Craig Breen, pero o equipo prescindiu del para este rally (non está fabricada aínda a terceira unidade do C3 WRC). 

Parece que o resultado deste rally de México non vai ser nin moito menos previsible. Neuville e Tanak, con permiso de Ogier, postúlanse como favoritos na primeira proba de terra nesta temporada do WRC, pero o rendemento de Latvala está sendo inmellorable.  

Recordade que cada día de rally ás 22:00 retransmítese un resumo de media hora da xornada en redbull.tv. Próximamente publicaremos os horarios das retransmisións dos tramos. 





Publicacións populares