RalyMix Terra Xallas 2016-Itinerario
Última proba do campionato galego de RallyMix, Abel Jurado xa se fixo co campionato pero aquí pode pasar de todo, sen duda, unha proba moi recomendada. Previsión de choiva para esta fin de semana, o que pode por máis interesante a proba.
Vídeo presentación desta segunda edición do RallyMix Terra Xallas
O programa horario é o seguinte:
A competición comezará o sábado ás 10:30, con 39 participantes estímase en 40 minutos (sen contar paralizacións ou retrasos), a continuación, hora ou hora e media despois da saída das 11:30, celebrarase a seguinte manga, e igual para o terceiro. O domingo celebraranse dous tramos e o primeiro comezará ás 10:00.
Non temos confirmación do tramo pero supomos que é o mesmo que na edición anterior, rápido pero estreito con algunha curva de 90º ou horquillas na primeira parte. Despois empeza unha zona bacheaba con cunetas altas e con arbustos, chega a unha carretera e empeza unha carretera de monte con 2 metros aproximadamente de ancho. Este é a on-board do tramo grabado pola organización en 2015:
Ainda que non o temos confirmado deixámosvos o tramo de 2015 en Wikiloc para que poidades chegar facilmente:
Powered by Wikiloc
Esta é a lista de inscritos, con 39 participantes, menos que en Barbadás:
-Parque de traballo
-Web Escudería
-Inscritos FGA(PDF)
-Información FGA