Luis Rodríguez quinto na PIRELLI AMF no rally San Froilán 2016

Luis Rodríguez acompañado de Adrián Varela, equipo da escudería Surco, saían no seu Suzuki Swift co dorsal 55.


Nos primeiros tramos ían rodando sobre a posición 60, algo retrasados, entrando dentro do Top10 na Pirelli AMF. Segundo ían pasando os tramos, a parella do Swift melloraba tempos, algo normal despois do parón de verán.


Finalmente a súa posición na clasificación xeral foi a 45, dez números menos que o dorsal, e dentro da copa clasificáronse en quinta posición, por detrás do Saxo VTS 16v da escudería Moeche.

Publicacións populares