Ata 15 coches de test en Ponteareas

O domingo 28, despois do Rally de Portugal e coincidindo co Rally Terra d Auga, a Escudería Surco celebrará uns tests no que participarán un máximo de 15 pilotos.

Gabriel Gregores

Nestes test non se recollerán tempos e non son de carácter competitivo. Os quince pilotos e copilotos recorrerán o tramo e tratarán de adaptarse ao coche e este mesmo ao asfalto, con tempo entre pasada e pasada para modificar as reglaxes dos vehículos e ao mesmo tempo deixar libre a carretera aos veciños.
En canto ao tramo, unha lonxitude de 4'2km. no Concello de Ponteareas(lugar exacto sen especificar) que contará con “Radio-Afeccionados" controlando os accesos ao tramo e os incidentes que poida haber. Estas probas estenderanse dende as 9:00h. ata as 15:00h.

-Comunicado oficial
-Regulamento
-Normas

Publicacións populares