Subida a Escusa 2017-Itinerario


Sábado 16 e domingo 17 volve á carretera a Subida a Escusa coa edición número 18. Esta pode ser a proba decisiva do campionato, pois poderemos saber se Alexus Vieitez se fai definitivamente co CGM 2017 ou se Jesús Pombo é capaz de superalo e poñer máis difícil o campionato.

En carrozados faltarán Magariños e Senra xa que participan noutra proba en Asturias. Aínda así contaremos con nomes moi coñecidos no mundo do motor galego como é Luis Penido, Cristobal Serantes ou Jaime Castro, ademáis de moitos outros tamén coñecidos. A continuación, a lista de inscritos:


Os horarios, como sempre, serán con tres mangas cada día (seguidas), o sábado comezará ás 15:30 h. e o domingo ás 9:30 h. como mostra o seguinte horario:


Atopamos a nosa guía do ano pasado coa descrición de accesos e sinalizados en google maps:

Saída - Meta

Acceso 1
Google Maps
Este aceso da ao lado dereito do percorrido se vamos en sentido ascendente. Sitio tranquilo, non esperamos demasiada xente aí, nesa zona os coches non alcanzan velocidades altas dado que a saída está a uns 200 metros.

Acceso 2
Google Maps
A esta zona chegaremos saindo de Poio en dirección á saída da proba, a poucos metros da liña da saída podemos facer un xiro a esquerda tendo nese momento tres puntos de acceso directo ao tramo. Da ao lado esquerdo do trazado.
No caso de ir ao primeiro punto non paga a pena xirar á esquerda, poderemos situarnos nese punto andando dende a liña de saída, 50 metros máximo.
Para ir ao segundo punto chegaremos á última bifurcación e colleremos a opción dereita, chegaremos 50 metros máis arriba que polo Acceso 1.
O terceiro punto é o máis recomendado destes tres, unha zona de deceleración onde os pilotos se prepararán para unha curva á esquerda bastante pechada despois de coller bastante velocidade dende a liña de saída.

Acceso 3
Google Maps
Cerca do terceiro punto do Acceso 2, sendo este polo lado dereito da carretera e xusto diante da curva pechada da que falabamos anteriormente, haberá bastante xente pero non será o acceso máis saturado.

Acceso 4
Google Maps
Da ao lado dereito da vía. Este acceso é por camiño de terra bastante bacheado (recomendado ver Street View en Google Maps antes). Chegaredes a unha curva pechada en zona rápida, unha curva de esquerda. Sitio tranquilo, non se espera moita acumulación de xente aí.
Hai máis camiños secundarios pero non recomendamos ir con un turismo, parecen demasiado estreitos e bacheados, e para ir andando quedan moi lonxe da seguinte carretera.

Acceso 5
Google Maps
Chega ao lado dereito tamén. Zona interesante, con algún cambio de rasante e curvas rápidas enlazadas ata chegar a unha a esquerda pechada. Nesta zona hai sombras na pista, o que pode provocar deslumbramentos aos pilotos,debedes colocarvos en lugares seguros. Pode haber bastante xente pero con sitio para todos. Sin duda recomendamos esta zona.

Acceso 6
Google Maps
Este acceso está á esquerda do percorrido e é un camiño de terra. Da lugar a unha zona de aceleración que sae da curva a esquerda pechada do acceso 4.
Subindo 400 metros pola vía de competición chegaremos a unha horquilla á dereita onde probablemente non haia moita xente, os sitios para colocarse son altos con respecto á carretera, zona aparentemente segura.

Acceso 7
Google Maps
Probablemente a mellor zona para pasalo ben, neste acceso soese xuntar moita xente e o espectáculo está asegurado porque xusto neste acceso hai outra horquilla de dereita, así que o acceso é pola esquerda. Probablemente a mellor carretera de acceso dende onde tamén podedes acceder a horquilla á esquerda uns 200 metros máis abaixo. Recomendado se vas ver as tres mangas no mesmo sitio e non tes presa para marchar, probablemente se cree caravana ao finalizar a terceira manga.
E este sería o último aceso ata a meta. O único malo é a saturación de persoas.



-Escudería Buxa Motor Poio Facebook
-O tempo-Poio
-Onde comer-Poio
-Aloxamento-Poio
-Zonas de Interese-Poio

Publicacións populares