Subida Concello de Marín 2019-Información


Outra cita máis para o campionato de montaña na provincia de Pontevedra, esta celebrarase no Concello de Marín e nas súas proximidades. O trazado do treito cronometrado transcurrirá pola estrada que enlaza a PO-313 co Lago de Castiñeiras, formando un percorrido de máis de tres quilómetros e medio. No estreno desta proba contarase cunha lista de inscritos de 66 participantes, entre os que destacan: Manuel Senra, Fombona, Jorge Pérez Sr. co Clio Maxi, Jorge Coca cun Ibiza Trophy SC, Celestino co N5, Alexis Vieitez... entre os inscritos atopamos 2 kartcross, ao redor de 7 monoprazas e 19 inscritos en regularidade. Sen entretervos máis, deixamosvos o enlace por aquí por se queredes investigar:

-Lista de inscritos oficial(PDF)

Presentada a proba e máis a lista de inscritos, procedemos ao importante, cómo chegar, cando chegar e a onde chegar... Para iso, un mapa completo con todas as ubicacións que precisades e un horario coas horas de comezo de cada manga. A partir de aquí, sodes vós quen decidides a mellor forma de seguir a proba.



-Ver en Wikiloc

Horarios:
-Sábado:

  • 15:30h.-1ªAdestramentos
  • 17:30h.-1ªOficial
  • 19:30h.-2ªOficial

-Domingo:

  • 09:30h.-2ªAdestramentos
  • 11:30h.-3ªOficial
  • A continuación-4ªOficial

Recordámosvos que é mellor ir con tempo e coller sitio antes da primeira manga, recordade tamén seguir as indicacións dos comisarios.

Zonas:
-Zona 1
-Zona 2
-Zona 3
-Zona 4
-Zona 5
-Parque Pechado
-Verificacións



Seguir a proba dende casa:
-En directo: Condado Racing
Esta vez non será un directo normal, intentaremos retransmitir as tres mangas do domingo con tres vídeos en directo. Esperamos ter boa cobertura e poder sacar adiante este proxecto.

-O tempo-Marín
-Onde comer-Marín
-Aloxamento-Marín
-Zonas de interese-Marín

Moitas gracias por confiar en Condado Racing, pasádeo ben!

Comentarios

Publicacións populares