Lista de INSCRITOS - Rally de Ourense 2021




 

-Lista de inscritos: http://www.rallyeourense.es/public/fileman/Uploads/54ROU/Inscritos/Lista%20numerada%2054ROU%20Recalvi.pdf


Esta 54ª edición do Rally de Ourense, puntuable para o SCER, contará cunha lista dun total de 79 participantes entre os que destacan os principais favoritos á victoria: "Cohete" Suárez, Jan Soláns ou Iván Ares. Tamén vemos nomes recoñecidos como Javier Pardo, que a pesar de estar loitando polo campionato europeo co Suzuki Swift Rally2-kit, animouse a participar cun Swift da copa na proba de casa.


Máis atrás tamén podemos ver ao reaparecido ex-campión de España, Cristian García co Fiesta N5, que xa o puidemos observar no pasado Rally da Auga. Tamén formará parte da parrilla de salida Daniel Berdomás, co C3 N5 de Michelín e espérase que remate nunha boa posición despois do resultado conseguido no Rally Sur do Condado tras sufrir dous pinchazos.


Outro detalle a ter en conta é que o rally contará coa presencia das copas Beca Rally Team Spain, a Peugeot Rally Cup Ibérica, a Renault Clio Trophy, a copa Suzuki e, por último, a copa Sandero. Todas estas copas farán que disfrutemos dunha proba con competitividade e igualdade en todas as categorías. Ademáis, esta proba do campionato nacional tamén conta cun apartado autonómico, onde poderemos ver a equipos como Pablo Blanco-Ian Quintana, vencedores do Volante FGA a pasada semana no Rally Sur do Condado.


-INFORMACIÓN COMPLETA: https://condadoracing.blogspot.com/2021/07/rally-de-ourense-2021-informacion.html

Comentarios

Publicacións populares