Javier Pardo disputará o CERT e o CERA

O piloto ourensán afronta unha nova temporada amparado polo equipo Rallycar cuns novos e ambicioso obxectivos que pasan por disputar os dous campionatos nacionais.Grazas o patrocinio de Ourense Termal o piloto de Allariz fixo unha importante aposta e tentara cumprir os obxectivos que se propón para este ano.

Foto: Pe a chapa racing

A intención deste participación simultanea é a de dar continuidade a unha progresión que continua ano a ano e con grandes avances. No CERT, o actual campion de España Júnior de rallyes de terra, pasara dun 208 R2 a un Subaru Impreza,un coche de tracción total co que poder loitar polo polo triunfo acadado o ano pasado. Neste campionato, o xoven piloto contara con Alex Cid como acompañante para realizar as labores de copilotaxe.

No CERA o piloto galego seguira os mandos do Peugeot 208 R2 co obxectivo de acadar o titulo de pilotos júnior e o trofeo da categoría R2. Neste campionato, o ourensán contara con Adrián Pérez como copiloto posto que e un piloto con abundante experiencia. O preparados galego ARVidal será que leve a asistencia dos dous campionatos para axudar a conseguir os obxectivos proposto.

A presentación do equipo de Javier Pardo será maña martes dia 7 as 18:30 e terá lugar no Hotel Balneario Laias Caldario

Publicacións populares