Victor Senra gaña un dificil Rally da Coruña

O piloto coruñés Víctor Senra, copilotado por David Vázquez, gaña o Rally da Coruña 2017 os mandos do seu Ford Fiesta R5 despois dunha entretida disputa contra Iago Caamaño.
Desde o primeiro tramo da maña, os dous pilotos (ambos con Ford Fiesta R5) comezaron unha loita que se iría alongando durante todo o rally pero que finalmente recaia en mans de Senra. O terceiro lugar era para  Iván Ares que despois dunha loita propia entre el e o seu vehículo quitaríalle o posto o actual campeon galego, Alberto Meira que se clasificou en cuarto lugar.


Marcos Miguez/La Voz de Galicia

Nas distintas copas, tamén houbo unha interesante loita entre pilotos inda que tamén moitos abandonos importantes.

Na copa Top Ten Pirelli, Alberto López faríase co primeiro posto a bordo do seu Evo X logo de que o máximo favorito a optar pola vitoria, Felix Macías, abandonase por averias mecánicas cando iba primeiro da copa. O segundo lugar ocupouno José M.Lista a bordo dun Evo IX e o terceiro iría a parar a mans de David Grandal no seu estreo co Clio R3.

A Volante FGA foi para a mans de Alvaro Pérez co Citroen C2 logo de que Daniel Berdomas abandonase o rally por averias cando ocupaba a primeira posición. O segundo lugar ocupouno Iago Gabeiras cun Citroen Saxo e o terceiro lugar ocupouno David Rivas cun Peugeot 206 xs.

Por ultimo, na copa AMF Pirelli, como se esperaba, Heriberto Atan levaba a vitoria a mans do C2 Gt. Segundo quedaria José F.Morais cun Clio Williams e o terceiro lugar ocuparíao Miguel Iglesias cun Saxo VTS.


Terminado a 21ª edición do Rally da Coruña, a próxima parada do Campionato Galego de Rallyes será o Rally Cocido de Lalín o dia 4 de marzo. Prevese unha lista de inscritos moi boa logo de que Luís Vilariño afirmase que comezara a temporada nese rally ademais de que Javier R.Grille confirmara que intentará estar na saída do rally. Mentres tanto podedes seguir as novas na nosa páxina no apartado de Galicia.

Publicacións populares