CANCELADO o Rally Sur do CONDADO ata XULLO de 2021

A escudería SURCO seguía loitando como sempre (este ano cun esforzo maior) para poder celebrar outra edición máis do rally Sur do Condado. A situación actual xunto coa incertidume que se vive con respecto aos requisitos e recomendacións para organizar eventos imposibilita organizar esta proba.

Rally Sur do Condado 2019-Marcos Parada

Este foi o comunicado oficial que publicaron en https://www.rallyesurdocondado.org/:

"Ante a situación e evolución que estamos a sufrir (COVID-19) tanto en Galicia como no resto do mundo, e dado as circunstancias actuais e futuras do Estado de Alarma, a Escudería Surco ven de valorar, xunto cas autoridades políticas, deportivas e empresariais da comarca a CANCELACION DO XVII RALLYE SUR DO CONDADO 2020.

Para esta Escudería non foi sinxelo tomar esta decisión, pero todos debemos ser conscientes de que a día de hoxe no están clarificadas as directrices que se tomarán en eventos con aglomeración de público, e máis cando a nosa proba deberá celebrarse en menos de mes e medio.

Ase mesmo, esta Escudería non pode dispor a día de hoxe de todo-los medios humanos, económicos e loxísticos que son precisos para a realización da proba debido as restricións que están instauradas.

Por outro lado, ca nosa cancelación, colaboramos para que ó resto das probas que sí se celebren, podan dispor de máis datas dentro dun calendario repleto de probas.

Pedimos desculpas a todos os aficionados, equipos, colaboradores, organismos oficiais e persoal implicado que coma cada ano estaban dando o seu apoio a esta Escudería.

Só nos queda dar as gracias a todos as partes implicadas na realización de esta proba, esperando que podamos contar ca súa colaboración para que o Rallye Sur do Condado 2021 sexa unha das mellores edicións e poder brindarlle a todos a proba que se merecen.

¡¡ Agardamos por Vos en Xullo do 2021!!"

Comentarios

Publicacións populares