Crónica Rally de Alemaña 2017: Tanak dá a sorpresa nun desastre para Hyundai
Ott Tanak conseguiu a segunda vitoria da súa carreira nun rally de Alemaña que rematou cuns resultados moi sorprendentes. A segunda posición ocupouna Andreas Mikkelsen e o último caixón do podio foi para Ogier, que se volveu colocar como líder do campionato e certificou un fin de semana fantástico para M-Sport. Neuville non puido rematar a proba e terá que remontar nos tres últimos rallyes do WRC para loitar polo título.
Foto: wrc.com |
Sen dúbida, a proba teutona rematou co equipo de Malcolm Wilson como gran beneficiado e cun equipo Hyundai que sae moi tocado da súa segunda casa. Neuville está agora a 17 puntos de Ogier, distancia que, a priori, non é definitiva e unhas boas actuacións do belga poden acortar. Pola contra, no mundial de constructores, o doble podio de M-Sport deixa aos de Ford co título de constructores case sentenciado, xa que son 64 puntos os que separan ás dúas marcas.
O rally empezou ben para Dani Sordo, que comezou liderando e seguiu nos tempos de cabeza ata que
foto: wrc.com |
na SS4 perdera o control do seu i20 WRC que caiu por un pequeno barranco. Outra decepción para o cántabro nun rally no que non podía fallar. O seu xefe, Michel Nandan, tomará nota. Despois disto, Mikkelsen deu unha sorpresa rotunda e colocouse líder, seguido moi de preto por Tanak e con Ogier e Neuville máis lonxe. Notábase a tensión entre os dous pilotos na súa loita polo campionato. Neuville trataba de atacar pero de forma moi insegura e cometendo algún erro grave que puido rematar co seu rally antes do previsto. Ogier fixo un trompo na parte final da xornada que colocou ao belga xusto por diante del. Finalmente Tanak atacou e rematou o día como líder. Dous dos pilotos de Toyota, Latvala e Lappi, tiveron varios problemas que os alonxaron dos postos de cabeza.
foto: autosport |
A xornada do sábado comezou co segundo desastre para Hyundai, Neuville rompía a suspensión do seu i20 ao cortar nunha curva e vía como os dous campionatos cambiaban de cor totalmente. Ogier, que tivo en conta o problema do piloto de Hyundai, levantou o pé para conservar o terceiro posto e recuperar o liderato no mundial. Na xornada do domingo Mikkelsen tratou de atacar pero Tanak defendeuse de maravilla para conseguir a segunda vitoria da súa carreira, a primeira nun asfalto que é, en teoría, a súa peor superficie. Cuarto foi un Juho Hanninen que salvou os mobles do seu equipo, Craig Breen conseguiu outro quinto posto para a colección e cumpriu o pedido polo seu equipo. Evans e Latvala remataron sexto e séptimo respectivamente. Hayden Paddon demostrou que está moi verde en asfalto e rematou oitavo, moi lonxe do ritmo de cabeza.
No WRC3 Nil Solans tivo un accidente no primeiro día pero conseguiu remontar ata ser segundo e proclamarse campión da categoría. Ademáis, é líder no WRCJunior e cunha boa actuación no próximo rally na súa casa podería certificar o segundo título do ano.