Así está o calendario da FGA para a segunda metade de temporada

Si, por se aínda non o notastes, o calendario da Federación Galega de Automobilismo está constantemente modificándose, é raro o mes no que non haxa un mínimo de dúas actualizacións; sen ir máis lonxe, esta mesma semana acaba de cancelarse o Slalom de Sarria, que estaba calendado para o 17 de Agosto. E é que isto non é o campionato mundial, é un campionato rexional e moitas das probas aparecen no calendario a principio de temporada sin que o propio organizador sepa se se vai celebrar ou non, algo "normal" pero que, ao mesmo tempo, pode complicar a temporada a máis dun equipo.

Pero imos co importante, estás aquí para ver que probas e citas quedan para o que resta desta temporada 2019. E recordámosche, como a principio de ano, que o calendario da FGA podes atopalo no noso facebook, onde o intentamos ter actualizado. Unha solución que pensamos que é máis cómoda que estar descargando todas as modificacións do calendario oficial.

Pablo Ares-Rali de Noia 2019

Por aquí tamén che deixaremos un enlace onde podes atopar o calendario oficial e unha captura de cómo se atopa o calendario agora mesmo; aínda que para nós, a opción que nos parece máis sencilla é a de seguir o noso facebook.


*Tamén che recordamos que o que ves nesta imaxe pode ser modificado en calquera momento pola FGA, así que para asegurarte podes visitar a web da FGA ou o noso Facebook.

Comentarios

Publicacións populares