O Rali do Cocido xa conta con máis de 50 pre-inscritos

Pois si, pouco a pouco vai medrando o número de equipos que aparecen na lista de pre-inscritos. Nestes momentos, a lista de pre-inscritos conta con 57 equipos de diferentes categorías. Principalmente podemos separalos en dous grupos: Cocido Legend e o resto de participantes.

Rally da Coruña 2019-Nerea Sánchez

No grupo Cocido Legend poderemos atoparnos con vehículos míticos como Kit Car, Impreza GC8, EVO VI, BMW M3 e con nomes coñecidos como Grille, Magariños, Penido, Castro, Emilio Vázquez, Giadás, Carracedo... (19 en total); e o resto de participantes (38) entre os que xa podemos atopar caras coñecidas como a de Iván Ares, PerníaAndrea Lamas, Pardo, Vinyes, Calvar, participantes da copa Swift e, tamén, a participantes da novedosa copa "Promo N5" que organiza a escudería Lalín-Deza para o Rali do Cocido; e moitos máis...

-Lista de pre-inscritos(PDF) (12/06/2019)

A lista de inscritos oficial publicarase o día 15 deste mes.

Comentarios

Publicacións populares