Incríble lista de pre-inscritos para o Rally de Ourense

Aínda falta máis dunha semana para o comezo do Rally de Ourense e chegou o momento de pechar o prazo de inscrición para a proba e o resultado é moi bo. A organización anunciaba nesta tarde de mércores unha lista de máis de 90 equipos con intención de participar na proba, estando limitada, nun principio, a lista oficial ata 80 participantes. Ante a sorpresa, a escudería xa traballa para poder acoller máis coches dos previstos.

Rally de Ourense 2017-Nerea Sánchez

-Lista de pre-inscritos(PDF)

Como podedes observar no enlace anterior, a lista de pre-inscritos non é nada mala, senon, todo o contrario. Nove vehículos da categoría R5 (con Xevi Pons, Pepe López, Iván Ares...), oito N5 (Javier Pardo, Alfredo de Dominicis, "Fredy" Tames...), dezaoito Swift's da Copa Suzuki Swift 2019 e moitos máis da copa N3. A isto súmaselle a presencia de Emilio Vázquez co Citroën ZX Kit Car e outros moitos que de seguro darán espectáculo. Un que non aparece na lista é João Barros, que anunciara a súa presencia na proba cun Sköda Fabia R5, pero parece que finalmente non estará.

Esta será a primeira proba para os participantes da copa Swift, que estarán en contacto, por primeira vez, cos novos coches. Calquera pode dar a sorpresa, pero máis vale non arriscar xa que a temporada é longa.

Para rematar deixámosvos aquí un enlace á web do rally para que poidades ollar toda a información dispoñible: http://www.rallyeourense.es/Rallye.aspx

Comentarios

Publicacións populares