Saen á luz as cores do DS3 R5 de Alberto Meira

Este venres comezaba un dos maiores eventos do motor no norte da península e unha das primeiras actividades foi a presentación do DS3 R5 de Alberto Meira. Quedará exposto toda a fin de semana na edición 12+1 de Galiexpo. Esta será a decoración que levará durante a temporada 2019:


Hai xa unha semana, filtrábase tamén unha captura que daba algunha pista da decoración que levaría o Citroën. Daquela non quixemos compartila porque sabiamos que a presentación oficial era hoxe e sería (supoñemos) aí onde o equipo querería amosar e presentar as cores ao público. En resumo, deixámosvos tamén esta imaxe, que dende logo, non pasou desapercibida nas redes sociais.


Alberto Meira de José Murado participarán a próxima semana no Rally do Bierzo a modo de test, alí tamén poderemos ver a Jorge Pérez co Clio R3 e a Félix Macías, entre outros. Nuns días publicaremos información para poder asistir á proba sin problemas.

Comentarios

Publicacións populares