Jose Cabezas, primeiro líder do Volante FGA

José Manuel Cabezas conseguía facerse este pasado sábado co liderato da copa tras obter a vitoria no rally da Coruña entre os participantes do Volante FGA. Acompañado de Luis Miguel Prego a bordo do seu Peugeot 106 conseguían completar un rally moi regular, rematando na posición 23 da xeral e cuartos da Agrupación 4.

Rally Coruña 2019-L. Rivera

O equipo facíanos un breve resumo da súa participación en Coruña: "A verdade é que nos saliu un rally redondo, sacando uns pequenos fallos na caixa de cambios que non afectaron demasiado ao noso resultado."
E preguntamos tamén polos plans do equipo para esta temporada: "En principio imos a facer o campeonato completo, se non hai 'problemas', claro."

Pese a todo, Cabezas non puntúa para a PXP xa que sobrepasa a idade permitida. Quizáis a FGA debería revisar as normas, xa que agora xa non se trata da promoción dun xoven piloto a nivel nacional (ou internacional), se non que consiste en seguir o rexional galego cun vehículo N5. Os gañadores da PXP en Coruña foron Jorge Garnelo e Javier Martínez noutro Peugeot 106.

Comentarios

Publicacións populares