A FGA estudia unha "Beca Promoción Karting" para 2019


A idea para realizar a BPK é a seguinte:

A FGA mercará dez unidades do kart "Parolin Baby" (podedes velo AQUÍ) para que os utilicen familiares de deportistas ou directivos de escuderías con licencia FGA da temporada 2019. Os interesados deberán cubrir unha solicitude antes do comezo da temporada amosando o número de licencia 2019. Unha vez presentadas as solicitudes, será a Comisión Galega de Karting quen designe aos 10 pilotos que disputarán a 4ª Copa Rookie con esta beca, facendo un reparto proporcional por número de habitantes e por provincias.

Os dez elexidos deberán pagar 150€ (100€ asistencia+50€ inscrición) en cada carreira, sendo un total de seis probas na temporada. Os tres primeiros clasificados da BPK ao final de temporada gañarán o kart que utilizaron (ata ese momento, propiedade da FGA), os sete restantes poderán obtelo por un precio de 1000€+Impostos.

Prevese que para 2020 se faga a mesma operación en Alevin; en 2021, outra vez na Rookie;... e así sucesivamente.

-Formulario de inscrición AQUÍ (a partir do 1 de Xaneiro de 2019)
-Comunicado oficial(PDF)

Publicacións populares