22° Rally da Coruña 2018-Itinerario
Chega a primeira proba automobilística do ano en Galicia, sitúase na zona norte da comunidade, falamos do rally da Coruña, que conta xa con 22 edicións. Esta proba, como a maioría saberedes xa, sufriu varios cambios de data no calendario da FGA do ano 2018 (tamén sucedeu en edicións anteriores) e a federación estableceu a proba, definitivamente, para os días 23 e 24 de Febreiro. O evento seguirá, a menos que sufra cambios, o seguinte horario:
-Horario(PDF)
Toca falar da lista de inscritos, que por certo, é bastante interesante. En primeiro lugar, catro vehículos da categoría R5 (Ares, I20 R5; Senra, Fiesta R5; Caamaño, Fiesta R5; Ricardo Costa, DS3 R5), tamén podemos destacar os tres da categoría N5 e un da N6 (Vinyes, Swift N5; Pardo, Swift N5; Tino, Fiesta N5; Antonio Pérez, Fiesta N6) e un total de 8 monturas R4 (entre os que se atopan Alberto Meira e José Lista, ademáis Pablo Andrade volve montarse nun EVO IX e Iván Raña tamén utilizará este coche).
Manolo Senra estará presente co seu coñecido Peugeot 306 Maxi, Alberto Nimo participará co Polo N1, Luis Penido volve aos tramos cun Mini Cooper... En fin, moitísimas monturas que paga a pena ir a ver a Coruña. Ademáis de todos estes, moitos Swift Sport, moitos R2 e, cara ao final da lista, atopamos un Clio Williams, un Renault 5 Maxi SCC e un Ford KA Kit Car.
Aquí vos deixamos a lista para que poidades vela vos mesmos:
-Lista de inscritos(PDF)
En canto aos tramos, un total de catro percorridos diferentes compoñen o mapa da proba. Estes serán a doble pasada seguindo a orde que presentamos a continuación:
TC1/3-Coiros/Aranga-"Ares Auto"
Horario: 8:45/12:00
Ver en 3D
TC2/4-Aranga-"SenraSport2"
Horario: 9:15/12:30
Ver en 3D
TC5/7-Arteixo/Culleredo/Laracha-"Galuresa"
Horario: 16:40/19:20
Ver en 3D
TC6/8-Cerceda-"O'Sampaio"
Horario: 17:10/19:50
Ver en 3D
Tamén debemos aclarar que a escudería colocará rolos de palla nalgunhas zonas en forma de "chicane".
[Actualizamos]: O punto no que se establecerán os rolos de palla será no km. 3.740 do treito de Cerceda (6/8), adxuntamos ubicación: AQUÍ
-Ver mapa completo(con ubicación de Parque Pechado, de Asistencia e de Reagrupamento)
-Tempos en directo-VolaRacing
-O tempo-A Coruña
-Onde comer-A Coruña-O'Sampaio
-Gasolinera Galuresa
-Aloxamento-A Coruña
-Zonas de interese-A Coruña
Nerea Sánchez |
Gracias a todos por confiar en Condado Racing.