Jorge Pérez a por todas en Ulloa

Preséntase seco a priori o próximo Rally Comarca da Ulloa que coa súa décima edición clausurará o Campionato Galego o próximo fin de semana, con Campión absoluto por segundo ano consecutivo con Victor Senra despois da súa vitoria no pasado San Froilán, pero con todo por decidirse nas Copas de Promoción como é a Top Ten Pirelli-Castrol á que aspiran Celestino Iglesias e Jorge Pérez, cuarto e terceiro respectivamente na clasificación absoluta.

Rally Botafumeiro 2018-Nerea Sánchez

O primero, que tomou o liderato na última proba, se preséntase como favorito co seu flamante Ford Fiesta N5, máis potente e de 4 rodas motrices que o do seu máximo rival, Jorge Pérez, que intentará lograr a vitoria a lomos do Renault Clio R3 Maxi que tantas alegrías lle deu pero en clara inferioridade nun deporte onde a máquina pode ser determinante para un Campionato longo. Si ben é cierto que Tino é o que ten agora a presión e deberá quedar por diante do piloto de Salceda para non poñer en peligro a súa privilexiada posición.

Cuns treitos rápidos que esconden algunhas trampas elaboradas especialmente polo mal tempo dos últimos días, o Comarca da Ulloa contará con catro tramos a doble pasada, sendo o primero de eles o de Palas de Rei a partir das 9:08 e o último o de Monterroso casi 12 horas despois para resolver o Trofeo. Entre ambos Palas-Monterroso e Castelo de Pambre, ningún deles maior de 10 quilómetros.

O Team Olimar, pola súa parte, xa ten o equipaxe na porta para acudir a un evento onde sempre foron moi queridos pola afición e pola que queren dar un bo espectáculo antes de resolver un Campionato no que tanto o seu piloto, Jorge Pérez, como o seu escolta á dereita, Juan Gándara, no seu primeir ano xuntos, xa cumpliron e superaron as expectativas. O de Salceda levaba dous anos consecutivos proclamándose Campión de dúas rodas motrices, sendo en 2016 o que máis puntos sumaba nunha Copa Top Ten dividida entre os 4x4 e os 2RM e na que para os de tracción total se proclamaba Campión Félix Macias cun Subaru Impreza STi.

Para este 2018, a FGA decidiu que tanto os 4x4 como os 2RM lucharan no mesmo Trofeo promocional con Pirelli como protagonista para un Campionato Rexional dunha comunidade característica pola choiva e, sin embargo, sin que o fabricante italiano poida suministrar os mesmos compoñentes a diferentes medidas de pneumáticos.

Termina o calendario do Campionato Rexional máis prestrixioso de España este fin de semana no que vos esperamos a todos para vivilo con intensidade.

-Nota de Prensa: Team Olimar

Publicacións populares