Complicado Rally San Froilán para o Team Olimar
Este pasado venres a presaída xa avisaba ao Team Olimar de que a choiva e o frío serían os elementos cos que o binomio Pérez-Gándara terían que loitar no Rally de San Froilán. Para a sesión matinal do sábado chovera o suficiente como para sembrar sobre o terreo ese pastoso barro ideal para os 4x4 e onde o piloto de Salceda tratou de minimizar danos ata a chegada da tarde.
Rally Botafumeiro 2018-Nerea Sánchez |
A sesión vespertina tornouse aínda máis caótica polas condicións climatolóxicas onde incluso o conxunto de Salceda tivo que enfrontarse á choiva intermitente mentras algúns rivais pasaban polo crono sin o líquido elemento. Por si o anterior non fose suficiente, o Clio R3, por medidas de neumáticos, non tiene á súa disposición gomas de choiva extrema, mientras que os 4x4 sí, realidad ilóxica para un campionato empeñado en xuntar aos tracción total cos dianteira. Así as cousas e a sabiendas de que as queixas e promesas de uns e outros caen en saco roto para a FGA, no último bucle os de Entienza tiveron que enfrontarse con rodas talladas por eles mesmos á neve, ás baixísimas temperaturas, ao cristal empañado e todo un conxunto de elementos que non lles permitiría avanzar máis na clasificación, sendo superados incluso por César Gonzalves e o seu Mitsubishi EVO IX, terminando Pérez-Gándara sextos da xeral e cuartos da Top-Ten Pirelli, polo que o Campionato se complica a falta dunha única proba, o Comarca da Ulloa, que tenrá que ser o encargado de sentenciar todo un ano no que a desigualdade foi testigo para todos os presentes.
Con todo, Jorge Pérez e Juan Gándara remataron sextos da xeral sendo os primeiros de dúas rodas motrices e cuajando un excepcional rally a pesar das dificultades.
O Team Olimar deberá agotar agora todas as súas posibilidades no Rally Comarca da Ulloa dentro de quince días, onde, independentemente do seu resultado, xa tería feito historia tras unha fantástica temporada.
Nota de Prensa: Team Olimar