Correr un rally con 16 anos podería ser posible en 2019
Kobe Motor confirma que a copa dos Toyota Aygo continuará no CERT, como mínimo, en 2019. Durante o Rali de Cervera a organización da copa estivo traballando de cara á próxima temporada coa Real Federación Española de Automovilismo, á que lle agradeceron a súa cercaína e as súas ganas de traballar.
A organización da Copa Kobe Motor comunicou que hai moitas novidades que desvelarán dentro de pouco, aínda que un detalle que si confirmaron foi que para 2019 rebaixarase a idade mínima do piloto a 16 anos. É un gran paso para o campionato nacional xa que isto xa se fai en moitos países e a vitoria de Marco Bulacia no Rali de Cervera demostrou que sendo menor de idade tamén se pode conseguir gañar aos veteranos do campionato.
Copa Kobe Motor |